Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As familias teñen ata o 31 de xullo para solicitar axudas para libros e material escolar de educación infantil

material escolar

A subvención municipal está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos de idade matriculados nun centro público de Redondela. As beneficiarias recibirán un vale por un importe máximo de 70 euros que poderán empregar nas librarías adheridas a esta convocatoria. Poderán optar a esta axuda familias con renda per cápita familiar igual ou inferior a 8.800 euros.

O Concello de Redondela ten aberto o prazo de solicitude para as axudas de libros e material escolar en Educación Infantil para o curso 2025/26.. O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de xullo. O trámite pode facerse a través da sede electrónica do Concello nos rexistros oficiais habilitados.

Toda a información poden consultala neste enlace.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará