Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de portas abertas no Castelo de Soutomaior para festexar o Día de Galicia

castelo

A Deputación de Pontevedra organiza unha xornada de portas abertas nos castelos de Soutomaior e Sobroso para festexar o Día de Galicia. Deste xeito, o 25 de xullo será de acceso gratuíto tanto o interior de ambos recintos históricos como os seus xardíns, con entrada libre ata completar o aforo.

A través desta xornada será posible coñecer de xeito gratuíto o proxecto de musealización realizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior. A visita permite aproximarse á historia do castelo e dos principais acontecementos que tiveron relación con el percorrendo as súas salas. Tanto a importancia da paisaxe, como a súa situación, as revoltas irmandiñas ou a historia de Pedro Madruga forman parte dun itinerario interactivo que conta con proxeccións audiovisuais.

O horario do Castelo durante o verán é de 10:00 a 21:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará