A comisión de festas viuse obrigada a suspender a verbena prevista para o sábado. Así, as actuacións das orquestras Assia e Kubo foron pospostas ata nova data. Serán agora dúas actuacións independentes: Assia subirase ao escenario o xoves 31 e Kubo actuará o sábado 2 de agosto.
A Comisión de festas explica que debido ás inclemencias meteorolóxicas con precipitacións importantes na noite do sábado producíronse diferentes incidencias nos grupos eletróxenos dos que dispoñía o recinto da festa na praia da punta, polo que se viron obrigados a suspender as actuacións previstas para esa noite. Con todo, as orquestras na vez de suspender definitivamente o seu espectáculo decidiron adialo ata nova data.
Serán finalmente en dous días diferentes, Assia na noite do día 31 e Kubo na noite do ´sabado 2 de agosto.
A Comisión traslada a súas desculpas a todos aqueles que na noite do sábado estiveron agardando por unhas actuacións que finalmente non tiveron lugar. Unha programación que non se viu alterada no resto dos días e que puido celebrar sen incidencias actos tan salientables para os participantes como a procesión marítima na honra da Virxe do Carme.









