Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O asfaltado da rúa Ernestina Otero provocará cortes de tráfico este martes 22

ernestina otero

A Concellería de Infraestruturas e sostibilidade anuncia que ante a necesidade de realizar obras de asfaltado na Avenida Ernestina Otero este martes día 22 de Xullo procederase a cortar o tráfico pesado o seu paso pola zona do Supermercado Froiz e produciranse restriccións nas prazas de estacionamento.

Durante a xornada do vindeiro martes haberá restrición na circulación así como no estacionamento en horario de 7:00 a 15:00 horas para facilitar o movemento de maquinaria e o paso de vehículos lixeiros que circularan pola zona que comprende dende a discoteca Diva ata o Supermercado Froiz. Solicitase a veciñanza que evite, na medida do posible, circular ese día pola Avenida de Ernestina Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará