Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entidades deportivas, culturais e sociais de Soutomaior repártense 80.000 euros en subvencións

banda arcade

En total son 23 as asociación e colectivos que percibirán esta axuda. Unha das máis importantes é que recibe a Banda de Música artística de Arcade que recibirá unha achega de 40.000 euros. Tamén se triplican as subvencións que perciben os centros educativos.

A Xunta de Goberno Local (XGL) de Soutomaior aprobou a concesión de máis de 80.000 euros en concepto de subvencións nominativas a entidades deportivas, culturais e sociais do Concello. Unha axuda municipal coa que as beneficiarias poden desenvolver as súas actividades.

En concreto, son 23 as asociacións e colectivos que percibirán esta axuda. O goberno local apunta como novidade deste ano que se teñan triplicado as achegas que percibirán as Anpas do CEIP Manuel Padín Truiteiro e o IES Soutomaior, pasando dos 1.500 euros do ano anterior aos 4.875 euros deste ano.

Ao igual que o ano pasado, a Banda de Música ‘Artística de Arcade’ recibirá unha achega por valor de 40.000 euros. A estes súmanse, entre outros, os  7.310,50 euros para Club Deportivo de Soutomaior, 7.142,50 euros para o Club Deportivo Arcade, 2.100 euros para o Clube de Patinaxe Artístico, 1.780 euros para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e 800 euros para a Sociedade de Cazadores ‘A Peneda’

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “con estas achegas económicas apoiamos a todas estas entidades e persoas que traballan arreo por construír uns barrios e un Soutomaior mellor”. Neste sentido, agradeceu “o inmenso traballo que fan cada día todas estas entidades e asociacións na dinamización da vida cultural, deportiva e social do concello, facendo de Soutomaior un lugar moito máis atractivo para vivir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará