O home, veciño de Redondela e con licenza de taxi tamén neste concello, tería cometido diversas irregularidades: conducir sen a ITV, portar substancias estupefacientes así como un taser e outras armas brancas ademais de dar positivo no control de drogas.
Os feitos tiveron ás 2:30 horas da madrugada deste martes día 15 nun control aleatorio que se estaba a realizar por axentes da policía local e policía nacional na entrada e saída a Redondela na Estrada de Vigo. Logo de darlle o alto a un taxi procedeuse a realizarlle a proba de alcohol e drogas ao condutor, dando positivo nesta última.
Con todo, non foi esta a única irregularidade detectada xa que no rexistro preventivo realizado no vehículo fóronlle intervidas sustancias estupefacientes así como un “taser”, un arma de descargas eléctricas e armas brancas. O material foille intervido e o condutor proposto para sanción ante a subdelegación do goberno.
A maiores o condutor, un taxista de Redondela con licenza tamén neste concello, circulaba sen facer uso do taxímetro e sen ter a ITV ao día. Ante as numerosas irregularidades detectadas e a situación que presentaba o taxista, que realizaba nese momento o traslado dun cliente, foi substituído por outro profesional que se fixo cargo do vehículo e do ocupante.









