Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O radar do Altos dos Valos sitúase entre os que máis multan en Galicia con 8.000 denuncias nun ano

radar2

Os condutores que circulan pola N-550 entre Redondela e o Porriño son coñecedores da existencia dun radar no Altos dos Valos que os leva a minorar a marcha cando transitan por ese punto da estrada, concretamente no kilómetro 146. Iso non impide que este dispositivo se atope entre os que máis multas suman ao longo do ano. Concretamente no 2024 tramitaron un total de 8.058 denuncias, situándose como o cuarto máis activo da provincia de Pontevedra.

O informe elaborado por Automovilistas Europeos Asociados (AEA) recolle que na provincia de Pontevedra o radar que suma máis denuncias por exceso de velocidade sería o que se atopa no túnel do Folgoso na Cañiza en sentido Vigo que acumula 17.221 infraccións o ano pasado.

En segundo lugar atopamos o radar situado no km 11 da A-55 en Mos, con 17.033 denuncias mentres que en terceiro lugar sitúase outro radar da mesma estrada nacional, neste caso o que se atopa na zona de curvas de Puxeiros e que acumulou ao longo do 2024 un total de 16.090 denuncias.

Malia que moi lonxe desa cifra, en cuarto lugar do ranking atopamos o radar da N-550 no Alto dos Valos con máis de 8.000 condutores sancionados ao longo do pasado ano por circular por esa vía a maior velocidade da permitida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará