Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O torneo de fútbol sala Vila do Berete abre o prazo de inscricións

vila do berete

Con premio de ata 1.500 euros para o primeiro clasificado, o Torneo Vila do Berete que organiza o  Campito Chapela celebrará a súa terceira edición os días 25, 26 e 27 de xullo con partidos no Pavillón Municipal Manuel González Soto. O prazo de inscrición para anotarse está aberto e este mércores 16 ás 20:30 horas celebran unha reunión informativa para todas as persoas interesadas.

Tras o éxito do ano pasado, cun total de 28 equipos participantes, 16 sénior e 12 da base, confían en igualar a participación e lembran aos equipos interesados que o prazo de inscrición continúa aberto.

A inscrición ten un custo de 120 euros máis o seguro para os equipos sénior masculino. Repartirán tres premios monetarios: 1500 euros para  gañador, 750 euros para o subcampión e 150 para o terceiro clasificado, cos seus correspondentes trofeos. Ademais teñen preparados tamén trofeos para o cuarto clasificado e un especial para o mellor porteiro. Para mais información poñen a disposición o teléfono 640 50 46 43 e 607347628 e pode seguirse a evolución do evento a través da conta de Instagram @torneoviladoberete.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará