Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os atrasos nos pagos do Sergas complica o labor do centro de rehabilitación Lenda

RR_Noticias

A Asociación de atención ao enfermo mental, Lenda arrastra unha complexa situación económica por mor dos atrasos nos pagos que tanto o Servicio Galego de Saúde como outras administración adebedan á entidade. Con todo, a asociación continúa coas actividades habituais como a publicación dun novo número da súa revista que se presentará mañá no Multiusos ás 20:30 horas.

Segundo denuncian os traballadores do centro a Xunta non está a cumprir co concerto asinado con Lenda para a atención e rehabilitación dun total de 45 usuarios. Aseguran que os atrasos nos pagos afectan de cheo á entidade que este mes carece de fondos para facer fronte ás nóminas. Unha denuncia que a asociación fai na véspera da presentación dun novo número da súa revista “A Voz de Lenda” que no seu número 22 e coincidindo na semana na que se conmemora o Día internacional da Muller está dedicada integramente ás mulleres. O acto de presentación de mañá desenvolverase no Multiusos a partir das 20:30 horas e contará coas actuacións musicais de “O coro de Lenda” e o Cuarteto de corda da banda artística de Arcade” que interpretarán pezas de Tchaikovsky, Xavier Quiñones e Antón Alcalde entre outros. Un dos usuarios do centro Manuel Tomé presentará ademais o seu libro de relatos “Cuentros del otro mundo”, que se poderá adquirir polo público ao remate do acto.

Jaime Figueroa monitor Lenda
O centro pasa por unha situación de precarización
Presentación "A voz de Lenda"
A revista está dedicada neste número á muller
Manuel Tomé usuario
Tomé presenta o seu libro "Cuentos del otro mundo"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará