Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un plan con pouco aforro

RR_Noticias

Rebaixar a velocidade de 120 a 110 quilómetros por hora “non suporá un aforro significativo”. Esa é a valoración que fan os veciños de Redondela, que entenden que a medida adoptada polo goberno só suporá para as arcas do Estado un aumento da recadación “a través das multas”. Pola contra si ven positivo o aforro enerxético na iluminación coa utilización de lámpadas de baixo consumo, aínda que reclaman que a substitución sexa subvencionada pola administración.

“Cortina de fume”, “parvada”, “tomadura de pelo”… son algunhas das frases coas que os veciños de Redondela definen o Plan de Aforro Enerxético posto en marcha polo goberno central para reducir o consumo de carburantes. A redución da velocidade máxima en autovías e autoestradas a 110 quilómetros por hora non suporá un aforro significativo de combustible, segundo os veciños, aínda que si xerará unha importante recadación en multas. A cidadanía está en xeral convencida de que ese é un dos obxectivos da medida, aínda que os datos da Dirección Xeral de Tráfico apuntan que as multas se reduciron nos primeiros días de aplicación. Para Celso, un pensionista redondelán, a redución de velocidade “non suporá un aforro importante”, aínda que si máis recadación en sancións. Para veciños como Álex e Jose, a decisión do goberno de reducir a velocidade non é máis que unha “cortina de fume” para desviar a atención dos verdadeiros problemas da sociedade, como a crise e o paro. Outros veciños, como Alberto e Vanesa, que traballan no sector do transporte, convidan ós políticos a “dar exemplo” reducindo coches e avións oficiais. En canto á proposta do cambio de pneumáticos por outros de alto rendemento, estes condutores réstanlle eficacia á medida. Explican que, ademais de ser rodas máis caras, hai outros factores que afectan ó consumo, como a presión dos pneumáticos, as condicións do tráfico, a carga do vehículo, etc. Electricidade Pola contra os veciños en xeral si ven positivo o plan de aforro enerxético na iluminación coa utilización de lámpadas de baixo consumo. Con todo, sinalan que o aforro nos fogares é difícil, xa que as subidas na tarifa eléctrica fan que os recibos non deixen de aumentar. Os redondeláns opinan que deben ser as administracións as que fagan un esforzo maior para rebaixar a factura enerxética, reducindo gastos nos edificios na iluminación pública.

Celso pensionista
Este veciño pensa que o aforro en combustible será moi pouco pero que se recadará máis en multas.
Álex e Jose
Estes mozos ven a medida como un intento de desviar a atención de problemas máis graves como o paro.
Enerxía eléctrica
Alberto Vanesa e Santi critican que pese ó uso de lámpadas de baixo consumo a factura da luz é cada vez máis alta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará