O rider, veciño de Vigo de 43 anos de idade, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente na praia de Cesantes que lle deixou lesións nunha perna. O home foi arrastrado pola cometa que o levou a colidir contra un muro da zona, sendo atendido polos Axentes da Policía Local e de Urxencias Sanitarias, encargados de trasladalo en ambulancia ao Hospital.
Os feitos producíanse ao redor das 18:30 horas deste mércores cando se recibía no 112 Galicia unha chamada dun particular quen explicaba que unha persoa precisaba de asistencia sanitaria tras chocar contra un muro. O ferido, de 43 anos de idade, atopábase practicando kitesurf, deporte con moitos adeptos nesta zona da praia de Cesantes, cando non foi quen de guiar axeitadamente a cometa que o arrastrou contra un muro.
O accidente provocoulle unha ferida aberta nunha perna, polo que os servizos de emerxencia que se achegaron ao lugar acordaron o seu traslado ao Álvaro Cunqueiro.
2 respostas
Por fin alguien que dice la noticia con veracidad y no los periódicos que cuentan que era un parapente q se enganchó con unos cables eléctricos
Esperemos que en estés casos lle fagan cargo dos gastos de hospitalizados, traslado e demás. Xa esta ben que a sociedade se faga cargo dos idiotas