Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

Alumnas do San Simón premiadas por desenvolver unha App para persoas con sensibilidade auditiva e fotosensibilidade

ies san simón

Foto: Apps for Good Illa de San Simón, de dereita a esquerda: Alba, Celia, Dinara e Larissa

A aplicación móbil, desenvolvida polas alumnas Larissa Salinas, Dinara Costa, Celia de Campos e Alba García baixo a dirección da profesora de filosofía Patricia García resultou gañadora no I Encontro Rexional de Apps for Good en Galicia. O equipo redondelán representará a Galicia no encontro nacional de Lisboa o 18 de setembro.

O IES Illa de San Simón de Redondela acadou un importante recoñecemento educativo e tecnolóxico ao resultar gañador do I Encontro Rexional de Apps for Good en España, celebrado no museo MARCO de Vigo. O evento marca a primeira participación de centros educativos fóra de Portugal neste prestixioso programa internacional que promove o uso da tecnoloxía para resolver problemas sociais reais.

O grupo premiado, composto polas alumnas Larissa Salinas, Dinara Costa, Celia de Campos e Alba García, todas elas de 4º da ESO, desenvolveu a aplicación STIM, deseñada para mellorar a calidade de vida de persoas con sensibilidade auditiva e fotosensibilidade. A app propón un entorno dixital máis accesible, minimizando estímulos visuais e sonoros que poidan resultar molestos.

A profesora responsable do proxecto é Patricia García, docente de Filosofía do centro, quen acompañou e guiou ao equipo durante todo o proceso creativo e técnico. A metodoloxía de Apps for Good convida a un modelo de aprendizaxe activo e motivador, no que o alumnado é protagonista e os docentes actúan como facilitadores, conectando aos estudantes con expertos do mundo real.

Nesta 11ª edición do programa, Galicia converteuse en pioneira coa participación de tres centros: o IES Illa de San Simón (Redondela), a EPAPU Nelson Mandela (A Lama) e a EPAPU Pereiro de Aguiar (Ourense). A vitoria do centro redondelán dálle acceso ao evento principal que se celebrará o 18 de setembro en Lisboa, onde se reunirán os finalistas de Portugal e España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: