Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

Redondela e Bueu, unidas polo balonmán

BALONMÁN

A fase final do nacional infantil de balonmán arranca hoxe con partidos que se disputarán en ambas localidades nas que se dan cita os 8 mellores equipos do estado nesta categoría. A Bomboneira acollerá o grupo conformado polos equipos AEH Les Franqueses e Handbol Sant Vicenç de Cataluña e Ifem CBM de Andalucía. O primeiro dos encontros da SAR será esta mesma tarde ás 20:30 contra o San Vicenç na Bomboneira. Os partidos correspondentes ao grupo 1 disputaranse no pavillón Pablo Hervello, co Bueu Atlético Balonmán como anfitrións.

As mozas da SAR Rodavigo, tras vencer o sector celebrado a mediados de maio en Redondela, fixeron historia ao clasificarse entre os oito mellores equipos de España. Nesta fase final, que se disputa dende hoxe ata o venres no pavillón da Bomboneira, as redondelás enfrontaranse ao Handbol San Vicenç (mércores 20:30), contra o equipo Les Franqueses (xoves 20:30) e pecharán esta primeira fase o venres nun partido contra o IFEM CBM (venres 30 ás 20:30 horas).

Unha cita deportiva que une aos concello de Redondela e Bueu, nos que estes días máis de 200 rapazas disputan a fase final do nacional infantil converténdose así no epicentro do balonmán nacional. Na fin de semana ambos concellos acollerán os partidos correspondentes as semifinais (Bomboneira sábado 31 ás 17:00 e 19:00 horas) e a final (Bueu, domingo ás 12:30 horas).

Na xornada de onte tiña lugar en Vigo a presentación deste “Top 8 infantil feminino” nun acto no que o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a importancia da base e, nomeadamente, nun deporte como o balonmán que é a terceira federación con máis rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos, tan só por detrás de fútbol e baloncesto. lete Lasa trasladou os seus mellores desexos para os dous equipos galegos, a SAR Rodavigo de Redondela e o Lapamán Área de Servicio Bueu Atlético Balonmán, indicando que “xa é todo un éxito que xoguen esta fase final entre as mellores do país”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: