Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

Redondela cobrará por primeira vez aos usuarios dos campamentos de conciliación de verán

verán concello

Os campamentos, cuxo prazo de inscrición está aberto dende hoxe e ata o 2 de xuño, están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos con horario de 9:00 a 14:00 horas con opción a aula matinal a partir das oito da mañá. Ten un prezo de 15 euros por quincena e neno, mentres que a aula matinal fixa a súa taxa en 10 euros cada dúas semanas. O PP de Redondela denuncia a implantación de taxas neste servizo e arremete contra o goberno local por “seguir esquilmando aos veciños”.

O obxectivo destes campamentos, segundo explican dende o Concello, é “ofrece ás familias unha alternativa de lecer lúdica e didáctica para facilitar a conciliación laboral durante as vacacións escolares. Os campamentos están dirixidos a rapazada de 3 a 12 anos e desenvolveranse en diferentes parroquias durante os meses de xullo e agosto. Así, as familias poderán elixir entre sete emprazamentos diferentes: Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda, Vilar e Redondela.

O prazo de inscrición arranca hoxe nunha edición que trae como novidade o pago de taxas aos usuarios. Aquelas persoas que fagan uso dos campamentos en horario de 9:00 a 14:00 hroas terán que abonar 15 euros por quincena, mentres que a aula matinal que acolle aos participantes de 8:00 a 9:00 horas fixa a súa taxa en 10 euros cada dúas semanas.

Críticas do PP

A decisión de establecer taxas neste servizo de conciliación estival é criticada polo PP que arremete contra o goberno local por “seguir esquilmando aos veciños”. Os populares lembran que esta iniciativa foi creada polos executivos de Javier Bas para favorecer a vida laboral e persoal dos redondeláns durante o verán e sempre foi gratuíta, polo que expresaron o seu absoluto rexeitamento con este cobro, “xa que ademais está orientado exclusivamente a cargar nos petos da xente a mala xestión económica e as débedas do bipartito”.

Bas engade que este servizo foise deteriorando co executivo de Digna Rivas xa en anos anteriores, posto que eliminou as quendas de Semana Santa, e considera que a implantación do cobro “supón un paso máis na política anti-veciñal de mentiras dunha alcaldesa que di defender o feminismo e a conciliación, pero que na realidade goberna sen piedade contra as familias”.

O prazo de inscrición para facerse cunha das prazas ofertadas – 300 para o mes de xullo e 180 para agosto- está aberto ata o 2 de xuño. A documentación pode descargarse dende a web do concello de Redondela ou recollerse en papel nas oficinas do Concello e no Centro de Informacion á Muller (CIM). Máis información no teléfono 986408043.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: