Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro ensina aos mozos a crear música pop

RR_Noticias

Calquera pode compoñer e gravar cancións cun mínimo de calidade e así o van comprobar os participantes no obradoiro itinerante «Detrás dá canción», que chegará a Redondela o martes 4 de xaneiro. Pensado para mozos a partir de 12 anos a actividade concluirá cun concerto do grupo santiagués The Homens.

Baixo o lema Detrás da canción, o día 4 de xaneiro levarase a cabo un obradoiro de creación musical, destinado a mozos e mozas a partir dos 12 anos, cuxo obxectivo é demostrar que se poden compoñer cancións e gravalas de xeito doado, e que calquera pode facelo cun mínimo de calidade empregando programas de uso gratuíto que se atopan na Internet. Pero alén de todo iso, quere mostrar que a lingua galega é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical de masas. Este curso, impartido por Carlos Valcárcel de Projecto Mourente, levarase a cabo no Multiusos da Xunqueira o martes 4 de xaneiro ás 18:00 horas, e constará de dúas sesións de 50 minutos de duración que lles permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador e posteriormente publicala na rede. Para poder participar neste curso cómpre facer a inscrición a través da web www.detrasdacancion.info. Como colofón a ese curso, o grupo galego The Homens levará a cabo un concerto acústico no auditorio ás 20 horas aberto a todo o público en xeral no que a banda compostelá tocará varias das súas cancións adaptadas para facer máis participativo o concerto. A actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co SNL do Concello de Redondela dentro do programa Bocaberta de dinamización lingüística.

Martiño Suárez The Homens
O obxectivo é demostrar cómo se pode facer música pop e en galego de xeito doado
Obradoiro de creación
O taller será impartido por Carlos Valcárcel
Concerto aberto ao público
Unha cita musical para a tarde do martes día 4

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará