Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Pequeatro coa compañía Sarabela

RR_Noticias

O multiusos da Xunqueira acolle durante tres xornadas consecutivas as representacións teatrais enmarcadas dentro da programación de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Pasarán polo escenarios as obras de Sarabela teatro, Matapiiollos e Berrobambán

A primeira das representacións será mañá martes a cargo da compañía Sarabela teatro, quen porá en escena a obra “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas”. Unha hilarante comedia baseada nun texto orixinal da escritora austríaca Christine Nöstlinger cuxo argumento arranca cando a señora Bartolotti, que carece de experiencia cos nenos, recibe un día por correo e metido nunca lata a un fillo de sete anos de idade: Konrad. Con moita inspiración e humor cóntanse nesta obra as emocionantes e divertidas situación nas que se ve envolta a protagonista coa presenza de Konrad. Outro dos atractivos indiscutibles da proposta teatral de mañá é o aspecto visual, cunha posta en escena orixinal onde as luces e as cores xogan un papel primordial O programa continuará o mércores coa obra “Flis-Fli-Ris-Flas” de Matapiollos e será Berrobambán os encargados de pechar o ciclo co título “Bicharada”. Todas as representación serán ás 18:00 horas a un prezo de un euro.

Fernando Dacosta Sarabela teatro
Unha comedia para grandes e pequenos
Imaxinativa escenografía
Un decorado con cartón e luces que nos traslada a un mundo de cómic

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará