Hoxe é Venres 6 de Xuño de 2025

Un mozo de 42 anos falece en Redondela tras recibir unha coitelada de madrugada

suceso madrugada

A Policía Nacional investiga os feitos que se producían a 1:45 horas da madrugada de hoxe baixo a ponte do “Scalextric” na rúa Xeneral Rubín. Uns feitos que levaron á detención dun veciño de Redondela de 48 anos como presunto autor do homicidio doutro mozo de 42 anos. Fontes policiais confirman tamén que outra persoa, neste caso unha muller, resultou ferida grave sendo trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Conmoción en Redondela tras coñecerse que unha liorta entre veciños da vila rematou co falecemento dun dos implicados tras recibir unha coitelada que lle causou feridas no peito, á altura do corazón, e outra no pescozo. Unha muller, tamén veciña de Redondela, resultou ferida na refrega, sendo trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro onde quedou ingresada.

O presunto homicidio perpetrouse no centro da vila, concretamente baixo a ponte da “Scalextric” na rúa Xeneral Rubín pouco antes das dúas da madrugada deste venres. Segundo as testemuñas trataríase dunha liorta que acabou da peor das maneiras, coa morte do mozo de 42 anos tras recibir unha coitelada. Os implicados eran vellos coñecidos xa que ambos os dous traballaban no mar.

Tras recibir a chamada nos servizos de emerxencias achegáronse ao lugar dos feitos axentes da Policía Local e Nacional, policía científica, ambulancia e o forense. A Policía Nacional fíxose cargo da investigación e da detención do presunto autor do homicidio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: