Hoxe é Xoves 16 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “Regueifa Tour” chega a Redondela da man de Lenda para visibilizar a saúde mental

lenda regueifa tour

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental que se conmemora cada 10 de outubro, a Asociación Lenda organiza diferentes actos para visibilizar a enfermidade e reivindicar a necesidade dunha mellor atención neste eido. Mañá venres celebran unha cita moi especial: unha parada en Redondela do regueifa tour. Ademais das cinco regueifeiras que protagonizan esta xiran contarase coa participación do grupo As Tareixas, Raquel a Doallo, Os Ferraias da ETEA, a Voz de Lenda e algunha sorpresa máis. As actividades de rúa adiáronse ata o vindeiro xoves 17 polo mal tempo destes días.

O Regueifa tour 24-25 arranca así en Redondela e faino cunha festa que comezará ás 19:00 hroas do venres no Multiúsos da Xunqueira. Ademais das cinco regueifeiras que amosarán sobre o escenario a súa capacidade á hora de improvisar, nesta ocasión estarán acompañadas do grupo redondelán As Teareias, formado por  José Manuel Díaz xunto ao a súa filla Omara de 8 anos e Román de 10 anos, así como Raquel a Doallo, Os Ferraias da ETEA e algunha sorpresa mais. O lema do  Regueifa Tour 24-25 é “Regueifa, Retranca e Revoluçom” e este primeiro espectáculo ten como tema central a saúde mental.

Unha actividade de balde aberta a todo o público que queira achegarse para celebrar doutro xeito esta data que ten tamén un marcado carácter reivindicativo. Lembra Quico Fernández dende Lenda que esta entidade naceu hai case 30 anos co obxecto de atender e dar visibilidade as persoas con enfermidade mental así como acompañar as súas familias. Insiste en que, malia terse mellorado, tres décadas despois seguen sendo necesarios ante as carencias que presenta a atención pública, por exemplo con listas de agarda inasumibles por parte destes enfermos.

Os actos que tiñan previsto celebrar este xoves adiáronos ata o día 17, cando sairán a rúa para ler o seu manifesto e convidar á veciñanza a un café con rosca na praza de Alejandro Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará