Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Martínez Crespo chama a protexer o baile das Penlas como patrimonio inmaterial

RR_Noticias

O historiador redondelán José Martínez Crespo é responsable dos textos que acompañan á exposición “A Coca en 1.000 imaxes” que ata o vindeiro 19 de xuño se pode visitar no Multiusos da Xunqueira.

Coñecedor da tradición local así como das lendas e elementos que conforman as Festas da Coca, José Martínez Crespo fai un chamamento á necesidade de protexer o baile das Penlas “un patrimonio galego inmaterial cuxas orixes están documentadas dende o século IX aínda que en Redondela os seus inicios dátanse no S. XVI”. Responsable dos traxes que locen as Penlas -confeccionados por Margot Araujo en base aos deseños de Crespo- é ademais un apaixonado destas celebracións do Corpus como o demostra a documentación que recompila no catálogo da exposición que estes días se pode visitar no Multiusos, un pequeno libro que reúne lendas e numerosos escritos a propósito da Coca realizados por escritores como Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro así como polo propio Crespo. A exposición, que abre as festas, reúne fotografías de máis de cen anos de este singular dragón: reproduccións en cerámica, madeira, barro, así como aparicións en publicidade, obra pública, ilustracións, carteis, programas de festas, audiovisuais…. Unha imaxes que testemuñan ata que punto a Coca é “figura fundamental da nosa identidade”.

José Martinez Crespo historiador
A danza das Penlas patrimonio inmaterial
A Coca en 1000 imaxes
Unha figura fundamental da nosa identidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará