Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres analizan a participación feminina na vida política

RR_Noticias

Políticas do grupos que forman parte da corporación municipal participarán hoxe martes nunha charla-coloquio que se vai desenvolver as 19:30 horas na Casa da Cultura. O obxectivo do acto é analizar o papel que ten hoxe en día a muller na vida política e os atrancos que se poden atopar as mulleres á hora de desenvolver esta participación na vida social.

Na charla participarán Cecilia Pérez Orge como representante do BNG, Laura Lago como representante do PSOE e Margarita Santamaría polo Partido Galeguista. Dende a concellería de igualdade, organizadora do acto, esperan contar tamén cunha representante do PP, cuxo nome está aínda por confirmar. Esta actividade enmárcase nas actividades Marzo-Muller e ten como obxectivo mostrar e debater sobre os atrancos e dificultades que aínda hoxe en día teñen as mulleres para a súa participación activa na vida política, relatado en primeira persoa por mulleres con ampla traxectoria política. Curtametraxes O mércores continuarán os actos coa proxección de dúas curtametraxes cuxa temática xira entorno á muller. Son as curtas Meniña de Daniel Domínguez García e Nais de Marios Iglesias. A través destas curtametraxes achegarémonos ao cinema feito en Galicia e ás vidas de mulleres da nosa terra, identificando situacións e problemáticas propias que viven polo simple feito de seren “mulleres”. Estas proxeccións son de entrada libre e gratuíta, e van dirixidas a toda a poboación redondelá que teña interese en ver cine en galego de calidade. As persoas interesadas poderán achegarse á primeira sesión o mércores ás 20:15 horas, no Auditorio da Xunqueira.

Rosa Costas concelleira de Igualdade
Muller e política

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará