Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loaira organiza unha charla sobre alimentación saudable

RR_Noticias

O catedrático Xulio Astor será o encargado de impartir a charla-coloquio sobre alimentación saudable que vai ter lugar este xoves 4 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura

A asociación de consumo responsable Loaira organiza este xoves unha charla sobre alimentación saudable que correrá a cargo do catedrático de bioloxía e membro da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación (SEDCA) Xulio Astor. Coautor do libro “Alimentación Saudable” falaranos cunha linguaxe sinxela e amena de todas aquelas cuestións a ter en conta polos consumidores para que poidan comprar de xeito consciente.
Na actualidade existen moitos productos no mercado que a publicidade fainos crer que son beneficiosos para a nosa saúde, pero resulta necesario comprar eses productos “enriquecidos” para gozar dunha boa saúde? É preciso adquirir alimentos enriquecidos con omega-3, fibra ou calcio? Onde podemos atopar eses elementos de xeito natural nos alimentos?
Outra das cuestións que se comentarán este xoves pasa polo incremento de doenzas relacionadas coa alimentación na sociedade actual. Preguntas tales como por qué é a obesidade unha doenza? Como afrontar esta e outras enfermidades a través da alimentación?
O obxectivo desta charla-coloquio pasa, polo tanto, en achegar información fiábel sobre alimentación ao público interesado neste tema e, á súa vez, en plantexar preguntas que nos facemos cada vez que imos ao supermercado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará