Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente convoca o 1º Foro de participación sobre recursos naturais

RR_Noticias

Analizar a eficiencia enerxética será o argumento do primeiro foro de participación que se vai celebrar este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura aberto a toda a cidadanía en xeral

Detectar problemas e buscar solucións é o obxectivo destes foros nos que poderán participar todas aquelas organizacións, empresas , asociación e entidades que teñan interese por temas como a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, augas, saneamento, contaminación, biodiversidade e xestión de espazos no municipio. A orde do día incluirá unha breve explicación sobre a razón do foro e o seu funcionamento así como a creación dun grupo representativo que traballará durante todo o ano. O foro reunirase periodicamente co obxectivo de funcionar como lugar de encontro e debate no que se acaden medidas consensuadas que fomenten un concello máis sostible. Ao longo do ano poranse en marcha outros foros nos que se abordarán cuestións tales como a xestión de residuos ou a mobilidade Esta convocatoria está encadrada dentro da campaña informativa e participativa sobre a situación da Axenda 21 en Redondela posta en marcha o pasado ano.

Carlos Pazos edil de Medio Ambiente
os foros serven para procurar medidas consensuadas que favorezan un concello máis sostible
Foro de eficiencia enerxética
Unha cuestión que afecta a todos os sectores da sociedade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará