Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CIM de Soutomaior atendeu 700 mulleres durante o 2022

cim souto

A gran maioría foron consultas de atención psicolóxica (323 consultas) pero tamén se atendeu mulleres vítimas de violencia de xénero así como solicitudes de asesoramento xurídico.

O Centro de Información á Muller (CIM) de Soutomaior atendeu as solicitudes de 700 mulleres, non só do propio municipio senón tamén de Pazos de Borbén e Vilaboa, durante o pasado ano. As tres profesionais do centro (axente de igualdade, asesora xurídica e psicóloga) son as encargadas de orientar ás usuarias en diversos temas que van desde cuestións legais, principalmente relacionados con custodia de menores e pensións alimenticias, a consultas de atención psicolóxica, atención a vítimas de violencia de xénero e información sobre cursos e actividades.

Asi, das máis de 700 peticións recibidas durante o pasado ano, case a metade, un total de 323, centráronse na solicitude de consultas de atención psicolóxica. A continuación, sitúanse as peticións de información sobre cursos, actividades e programas xestionados polo propio CIM cun total de 213. As solicitudes de asesoramento xurídico ascenden até as 137 consultas mentres que as actuacións de atención a vítimas de violencia de xénero fano até as 23.

A este labor súmase a convocatoria da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero na que participaron diferentes profesionais implicados na atención ás vítimas de departamentos como a Policía Local, o Xulgado, a Garda Civil e a Subdelegación do Goberno. Ademais, desde o CIM xestionáronse varias axudas destinadas a mulleres, como a prestación de pago periódico ou o pago único, e os servizos de acompañamento para vítimas de violencia de xénero.

A Concelleira de Igualdade, Crsitina González subliñou que “estes datos reforzan o noso traballo e o valor deste centro” e destacou tamén o esforzó que o seu departamento está a desenvolver para facilitar a conciliación familiar a través de diversos campamentos infantís en todos os períodos festivos do curso escolar con campamentos en Nadal, Semana Santa e durante o verán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará