Redondela acende as luces de Nadal nun evento marcado pola solidariedade, cunha chocolatada que serviou para recadar fondos para as asociacións Andaina, Da Man e Cáritas.
Centos de persoas aproveitaron o bo tempo tanto na xornada de onte domingo como o sábado, para gozar do acendidos das luces. O día dez a inauguración oficial foi en Redondela, con centos de persoas que se animaron a seguir en directo os pasarrúas a cargo de Pablo Méndez e Latexo Percusión e o posterior acendido do alumeado a cargo da alcaldesa, Digna Rivas, acompañadas para a ocasión da Coca Simona.
A rexedora aproveito o seu saúdo para criticar, sen nomealos, aos populares, quen o día anterior alertaran sobre o perigo que corría este acto a raíz dunha resolución do Tribunal de Contratación Pública de Galicia que ordenaba a suspensión cautelar da contratación da empresa instaladora.
A continuación fíxose a luz acompañada da música das panxoliñas e dunha chuvia de confeti e neve.
A Chocolatada solidaria estivo repartida en tres zonas, a praza da Constitución, Alameda e Concello, onde se podía recoller o chocolate e un anaco de rosca, cuxas mil racións esgotáronse. Actividade que se repetía onte na Alameda de Chapela.









