O club de lectura Arealonga do CEIP de Laredo vén de ser recoñecido como o segundo mellor club de lectura de Primaria segundo o Ministerio “polas súas labores de innovación educativa neste ámbito o e o traballo de competencia lingüística e alfabetización multimedia.
Este club de lectura é interxeracional e no mesmo participan alumnos de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, docentes e familias do colexio de Laredo.
Un club creado no 2019-2020 co obxectivo de homenaxear a Sesé Mateo, poeta local asasinada pola violencia de xénero. Posteriormente pasou a chamarse Club de Lectura Arealonga, expresando o seu carácter local, comunitario e aberto.









