Hoxe é Mércores 13 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior inicia os traballos de humanización na Fonte de San Benito, no barrio de Romariz

fonte soutomaior

A actuación, que suporá a humanización da contorna da Fonte de San Benito e o monumento aos camareiros, no barrio de Romaríz está incluída no plan municipal de melloras nos barrios do rural e conta cun orzamento de 31.000 euros que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Os traballos teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos nun punto con bastante tránsito rodado ao ser un cruzamento de camiños. O proxecto inclúe a retirada dun total de 436 metros cadrados do pavimento actual, degradado polo tempo e o uso, por outro de formigón coloreado con bordos e lousas de granito do país seguindo a liña das últimas humanizacións levadas a cabo polo goberno local.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o beneficio que estes traballos supoñen en materia de seguridade viaria para os veciños do rural. “Manter os pequenos camiños en bo estado é fundamental para a seguridade viaria”, indicou o alcalde, que engadiu que “ademais aí está o monumento aos camareiros do municipio, e é necesario manter a contorna nunhas condicións adecuadas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará