Estradense 1-0 CD Choco
Un tanto de Raúl no minuto 86 frustrou as esperanzas do Choco de lograr o empate. O equipo segue afundido na táboa con tan só 8 puntos. A próxima cita será o sábado 17 en Santa Mariña, recibirán ao Arzua.
O Estradense prolongou onte a súa boa serie de resultados á conta dun Choco que seguirá pechando a clasificación de Terceira. Un tanto de Raúl no min 86 nunha acción a balón parado decidiu un partido no que os locais foron superiores. O Choco tentou asegurar o empate pero finalmente non puido ser.
Primeira media hora de claro dominio local, con dúas boas oportunidades de adiantarse no marcador. Xa na segunda parte, o mellor xogo local foi impóndose co paso dos minutos. No tramo final Miguel e Mella, en dúas ocasións, tiveron oportunidade clara de gol. Este faríase esperar até o 86, cando Juanín lanzou unha falta desde a frontal. Fíxoo forte e polo centro. Cortegoso non logrou atallar o esférico e o seu rexeite aproveitouno Raúl para marcar. De aí ao final, o Choco non logrou xerar perigo pero si un Estradense que puido sentenciar cunha gran contra de Migui.
Un Choco que non logra levantar cabeza e que segue afundido no pozo da clasificación á espera do que pase en vindeiros partidos. A próxima cita será na casa ante o Arzua.
Segunda Galicia
Vitoria para Soutomaior e Cesantes, que na vindeira fin de semana disputan o derby
Soutomaior 2-1 Sampayo
O equipo de Soutomaior segue pisándolle os talóns ao lider , o Marcón. Tansó separados pro dous puntos. Os de Soutomaior volvía gañar nesta fin de semana e tentará repetir vitoria na próxima fin de semana, cun derby en Cesantes.
Catoira 0-5 Cesantes
Os de Cesantes veñen de acadar unha avultada vitoria na súa visita ao campo do Catoira. O-5 foi o resultado do partidos que imprime moral aos de Cesantes para a cita do vindeiro domingo.
Terceira Galicia
Chapela 1-2 San Roque
O equipo de Chapela caeu derrotado pola mínima no seu campo e na vindeira semana xogan ante o líder, o Coia.









