Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Circo de Nadal que naceu en Redondela

Foto Cal3/Circo de Nadal
Cal3/Circo de Nadal

O redondelán Xandre Vázquez está detrás deste Circo instalado no barrio vigués de Coia e que está a ser un dos grandes atractivos da programación de Nadal de Vigo. Un espectáculo de máis de 90 minutos de duración que conta entre o seu elenco con artistas chegados dende Rusia, Canadá, Venezuela, Colombia e, por suposto, Galicia. Baixo a dirección doutro redondelán, Paulo Medal, trasládannos a un mundo máxico de acróbatas, malabaristas, clown, música en directo e moita emoción.

Partindo do circo tradicional, Xandre Vázquez dálle unha volta e achega ao espectador un conxunto de números fiados por unha historia na que os participantes van introducindo nunha caixa de correos as súas peticións de agasallos.

Pasan por esa pista central do Circo de Nadal todos os artistas que, chegados dende diferentes países, vannos mergullando nun conto no que haberá equilibrios sobre una gran pirámide de cadeiras, número de alambre, bicicleta acrobática, funambulismo, malabares, clows e música en directo.

Noventa minutos nos que non faltará a emoción do “máis difícil aínda” que busca atrapar ao grandes e cativos que están enchendo o circo dende que comezaran as funcións o pasado 4 de decembro. O circo continuará ofrecendo funcións ata o 9 de xaneiro en diferentes horarios e prezos que se poden consultar en www.circodenadal.gal e en www.ataquilla.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará