Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén súmase á rede Ágora de Concellos polo espazo público para a cidadanía

RR_Noticias

O pleno municipal de Pazos de Borbén aprobou a adhesión do Concello á Rede Ágora, unha iniciativa destinada a cumprir a Axenda Urbana 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados pola ONU. O principal obxectivo é aumentar de forma substancial os itinerarios peonís e ciclistas do municipio antes de xuño do ano 2023.

Os Concellos que forman parte desta rede comprométense a realizar políticas de recuperación de espazos públicos e a fomentar formas de mobilidade alternativas dentro do termo municipal. “Contar con espazos públicos de calidade é un dereito da cidadanía, que necesita lugares onde desenvolver a súa vida e as súas relacións sociais”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias. O rexedor indicou que entre os obxectivos desta iniciativa está concienciar á poboación do uso desmedido da mobilidade a motor e o consecuente aumento de contaminación ambiental. “Queremos potenciar os itinerarios tradicionais que unen as parroquias e adaptalos ás necesidades modernas, con vías peonís e ciclistas, como xa fixemos entre Pazos e Amoedo”, sinala Iglesias. A rede Ágora está promovida e coordinada pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidad Alternativa e Espazos Públicos Urbanos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará