Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local presenta en Chapela o proxecto de reposición de viais afectados pola AP-9

RR_Noticias

O Concello de Redondela manterá este sábado 1 de agosto ás 12:oo horas no multiúsos de Chapela, unha xuntanza coa veciñanza de Chapela e Trasmañó na que se dará conta, polo miúdo, do proxecto de reposición de viais publicado no BOE, que contará cun investimento de 3 millóns de euros e que da resposta ás reclamacións que a veciñanza de ámbalas dúas parroquias -as máis afectadas pola ampliación da AP-9- viñan facendo dende hai anos.

Na reunión daranse explicacións detalladas do proxecto por parte dunha enxeñeira e dos propios servizos técnicos municipais que asesorarán ás persoas interesadas sobre os pasos a seguir á hora de presentar alegacións. O proxecto foi presentado tamén ás asociacións veciñais das dúas parroquias e á Plataforma de Afectados pola AP-9 pero entende o Goberno local que “é preciso que todas e todos o coñezan con detalle e poidan presentar ás alegacións ás que teñen dereito”.
 A rexedora local Digna Rivas subliñou que a publicación no BOE e a conseguinte reunión coa veciñanza “estaba prevista para hai un par de meses pero, como en todo, a actual pandemia da COVID-19, por motivos obvios, fixo necesario un reaxuste dos prazos”.
Explican tamén que para axilizar os trámites e que esta publicación no BOE puidera ser unha realidade, Digna Rivas e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, viaxaron a Madrid no pasado mes de febreiro para manter reunións con responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana poñendo sobre a mesa a necesidade “de dar unha solución urxente a un problema que afectaba aos veciños e veciñas e a propia estruturación territorial de ámbalas dúas parroquias”. Coa publicación no BOE, sinala a rexedora local “dáse resposta a unha débeda pendente da aplicación da AP-9”.
Rivas lamentou que o anterior Goberno estivera “enganando á veciñanza durante moito tempo” como queda ben demostrado en distintas afirmacións realizadas na prensa no 2017 nas que falaba da inmediatez do inicio dos traballos, cando o certo é que, á chegada do actual Goberno “non había ningún trámite realizado sobre as reposicións da AP-9 pese a que en Madrid gobernaba o seu partido, o que amosa unha clara falta de vontade política para solucionar o problema”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará