Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior conciencia sobre o coidado do medio ambiente

RR_Noticias

O 26 de xuño a Carballeira de Arcade acollerá un obradoiro no que se deseñará unha campaña informativa sobre os malos usos dos residuos e o domingo 15 de xullo celebrarase unha acción de campo na praia da Ponte Colgante sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias. A inscrición está aberta na OMIX de Soutomaior ou no enderezo educación@soutomaior.com até o 22 de xuño.

Sensibilizar, concienciar, formar e comprometer son algúns dos obxectivos do programa de educación medio ambiental “Si quero, colaborar” que organiza o Concello de Soutomaior e que prepara unha segunda acción con dobre proposta.  A primeira delas celebrarase o martes, 26 de xuño, na Carballeira de Arcade, dende as 17.00 horas até as 19.00. Unha acción formativa que pretende implicar á xente en todo o proceso de elaboración dunha campaña informativa reflexionando sobre as necesidades ambientais que hai na nosa contorna. Datos e información sobre os residuos que logo se plasmarán en lemas e carteis. Na segunda acción pasarase ao traballo de campo na praia da Ponte Colgante para concienciar sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias e na natureza. Unha praia que é un bo exemplo da nosa pegada ambiental xa que nos últimos anos incrementouse notablemente o número de visitantes o que se traduciu en cabichas na area, envoltorios, excrementos de animais, entre outros residuos. A acción celebrarase entre as 17.00 e as 20.00 horas. O prazo para inscribirse está aberto até o venres, 22 de xuño. As persoas que xa son voluntarias do programa  de voluntariado soamente terán que inscribirse na segunda acción. Os novos terán ademais de inscribirse que presentar copias do acordo de colaboración de voluntariado. As prazas son limitadas. Para recibir máis información poden chamar á OMIX de Soutomaior, 986700822, ou ben por correo electrónico educacion@soutomaior.com  

OMIX Soutomaior Sonia Pintos
O día 26 elaborarase unha campaña de concienciación seguindo todos o proceso: dende a búsqueda de información até a plasmación en carteis
Acción praia da Ponte Colgante
Rematar coas cabichas excrementos e residuos que hai neste areal é o obxectivo desta segunda acción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará