Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior creará parques forestais

RR_Noticias

A iniciativa, promovida polo BNG, contempla que antes de 21 días empecen as xuntanzas coas comunidades de montes para explicar o proxecto e que os comuneiros decidan se queren acollerse á subvención da deputación de Pontevedra para crear parques forestais.

O BNG de Soutomaior rexistrou no último pleno ordinario do concello de Soutomaior, unha iniciativa para que Soutomaior se sume ao plan de parques forestais da Deputacion de Pontevedra. Trátase dun proxecto que pretende crear parques forestais no concello que poñan en valor o monte comunal a través de iniciativas que permitan aos veciños tanto o seu disfrute, como unha alternativa sostibel e rendible para o monte comunal.  Na moción do BNG establecíase que a pesar que en Soutomaior existen varias lugares emblemáticos que se adaptarían ás propostas do plan da Deputación de Pontevedra, que conta cun orzamento de 1.200.000 euros, o concello de Soutomaior non o solicitou. Farano agora, nunha segunda convocatoria, logo da proposta do grupo nacionalista, segundo sinalou o seu portavoz, Manu Lourenzo. Ademais, os nacionalisas sinalaron que Soutomaior foi declarada este mesmo ano polo Xunta como unha zona de “alta actividade incendiaria” polo que “é case unha obriga de todos contribuír a unha xestión do monte que o poña en valor, que o manteña limpo e que permita que a veciñanza poida empregalo e disfrutalo”. Trátase de dar ao monte outras alternativas baseadas nunha interacción sostible coa natureza e que pode resultar beneficiosa para a veciñanza e os comuneiros.Unha das condicións que establecen as bases para poder acceder a estas axudas, é que as comunidades teñan un mínimo de 50 hectáreas. En Soutomaior a maioría das comunidades non teñen esas dimensión pero as bases tamén establecen que se poida chegar a acordos entre comunidades e mesmo entre concellos para levar adiante este plan. Manu Lourenzo sinalou que dende o BNG traballan xa cos técnicos nun primeiro proxecto que trasladarán a varias comunidades e que parte dunha recuperación do monte da Peneda e dunha ampla contorna cun parque forestal que poña en valor toda a riqueza natural, histórica e arqueolóxica da zona que “tristemente, está sendo arrasada polo lume ano tras ano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará