Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello asina un convenio de colaboración coa Asociación contra o cancro por valor de 3000 euros

RR_Noticias

O Convenio por importe de 3.000 euros triplica a achega de anos anteriores e será empregado no noso municipio en programas de apoio phico-social e prevención a enfermos/as de cancro e as súas familias.

O Concello de Redondela ven de firmar coa Asociación Española contra o Cancro o convenio anual polo que se lle adxudica unha asignación de 3.000 euros. Esta asociación realiza unha importante labor realizando actividades de axuda aos enfermos e familias de enfermos de cancro. Entre as actividades que levan a cabo están a de proporcionar apoio emocional e social aos enfermos e facilitar a súa integración, potencian a creación de grupos de voluntarios que participen en procesos de intervención social…
O goberno local leva catro anos apostando polo traballo desta asociación xa que está a dar apoio e loitando contra unha enfermidade moi presente na sociedade e que están a sufrir moitas familias da nosa vila e tras valorar a súa traxectoria e vendo a enorme incidencia que esta enfermidade está a ter na actualidade na nosa sociedade este ano a Concellería de Servicios Sociais triplicou a partida que ata agora estaban a recibir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará