Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha veciña de Redondela mentres atracaba un banco na Travesía de Vigo

RR_Noticias

A policía nacional detiña na mañá de hoxe a unha muller que permanecía no interior dun banco con tres empregadas mentres esperaba a apertura da caixa forte. A detida abordou ás dúas empregadas da entidade no momento no que ían entrar na sucursal para iniciar a súa xornada laboral. O director foi avisado cando se dispuña a acceder a oficina e foi quen informou ao 091.Dous policías, facéndose pasar por clientes, accederon ao banco e desarmaron e inmobilizaron á atracadora.

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha muller de cincuenta anos de idade e con domicilio en Redondela por un delito de roubo con violencia. Os feitos tiveron lugar a primeira hora da mañá cando o responsable da sucursal bancaria comunica ao 091 que as súas empregadas lle advertiron mediante señas de que non entrase na oficina. Ao lugar desprazáronse varias dotacións policiais que observaron no interior a unha persoa que ocultaba o seu rostro cun gorro. Comprobaron que as tres empregadas da entidade estaban sentadas en actitude de espera ao carón da caixa.
Logo de comprobar que a atracadora non contaba con cómplices no exterior da oficina, dous axentes fixéronse pasar por clientes e entraron na entidade, abalanzándose sobre a muller e procedendo a súa inmobilización. Realizóuselle un cacheo no cal se lle intervíu un coitelo, as chaves dun vehículo de marca Audi e outros efectos.
A detida, que carecía de antecedentes policiais, pasou a disposición do xulgado de instrución de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará