Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo comeza a segunda volta a un paso de lograr o soño da permanencia

RR_Noticias

Chegaron á División de Honra Prata case por sorpresa, pero unha vez rematada a primeira volta ninguén dubida de que o fixeron para quedar. Xogar nesta categoría era para o club “un agasallo”, pero as xogadoras están a superar todas as expectativas e teñen a salvación moi preto.

O seu adestrador, Elisardo González “Chini”, recoñece que adaptarse a unha categoría tan esixente “foi complicado”, pero agora amósase “moi satisfeito” do gran nivel acadado polo equipo. No ecuador da competición suman dez puntos e ocupan a sexta praza da táboa, a tan só dous puntos de equipos veteranos como o Seis de Nadal. A categoría feminina volve á competición esta fin de semana coa xornada 13, logo do descanso de Nadal. A SAR debería facelo en Lanzarote, ante o Puerto del Carmen, pero a Federación permitiulles aprazar o partido e xogalo na semana da xornada 15, cando se enfrontan ao Zonzamas, tamén de Lanzarote. Deste xeito pospoñen a viaxe para o día 27, e na mesma semana disputarán os dous encontros. Isto permítelles aforrar unha viaxe a Canarias, optimizar o tempo e aclimatarse mellor á temperatura da illa. Esta fin de semana polo tanto teñen descanso, e preparan xa o encontro da seguinte xornada, será o día 23 en Redondela ante o BM. Xixón, un dos equipos fortes do campionato, na terceira praza. Con todo, “Chini” pensa nas opcións das súas xogadoras. No partido de ida case dan a sorpresa en terras asturianas, e ademais na bomboneira contarán co apoio dos seus seareiros, que cada vez son máis.    

Elisardo González Chini.
O técnico amósase moi satisfeito co rendemento das xogadoras no seu primeiro ano en División de Honra Prata.
Viaxe a Canarias
Aprázase o partido desta semana co Lanzarote Puerto del Carmen que disputarán na semana da xornada 15 xunto co de Zonzamas.
SAR Rodavigo-BM. Xixón
O próximo partido será na bomboneira ante o Xixón terceiro clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará