Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno no balonmán masculino

RR_Noticias

Vitoria para Sar e Chapela que conseguiron vencer aos seus rivais malia xogar en campo contrario. A SAR ante o Cañiza e o Chapela ante o Lalín. No balonmán feminino resultados desiguais que deixan a Sar Rodavigo nunha cómoda posición na metade da táboa logo de vencer ao Camargo e afunden ao Rodosa Chapela que segue sen coñecer a vitoria.

Así a Sar Plastic Omnium estreouse na súa visita ao campo do Saeplast Cañiza nun partido que rematou co resultado de 24-25 a favor dos de Redondela. Logran así a súa primeira vitoria logo de catro xornadas, son decimo segundos e reciben na próxima semana ao Seis do Nadal.
Vitoria tamén para o Castro Chapela que tras unha primeira parte complicada logrou facerse co partido ante o Lalín. Varios balóns perdidos e malas decisións en ataque deron o aire que necesitaba o veterano equipo do Chapela. Os visitantes refixéronse para terminar levándose o partido con comodidade por 22-25.O Chapela é quinto e a súa próxima cita será co pechacancelas do grupo, o Poio.
Divisiónde honra feminina
Sorte desigual para os equipos femininos que militan en segunda división. A Sar Rodavigo repite vitoria, segunda consecutiva para as xogadoras de Redondela que as sitúa na metade da táboa logo de vencer por 22-25 ao Camargo. Na vindeira semana reciben ao Palencia.
Pola súa banda o Rodosa Chapela non levanta cabeza e segue sen conseguir ningún punto. Precisamente esta fin de semana xogaban en Palencia e malia aguantar unha primeira parte moi igualada na segunda os locais fixéronse cun partido que rematou co resultado de 30-21. Son últimas e reciben na próxima xornada ao Pereda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará