Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo de traballo municipal de Redondela demanda a creación dun “almacén solidario”

RR_Noticias

Propoñen a posta en marcha dun almacén de roupa e outro de materiais para a construción, ademais dun banco de alimentos solidario. Propoñen que se xestione a través do voluntariado, o que suporá un aforro para as arcas públicas, e ademais creará “unha maior implicación da sociedade”.

O grupo de traballo municipal de Redondela, a través da concelleira Raquel Quintáns, trasladou ao goberno local e aos grupos da oposición, a vontade de fomentar a creación dun almacén solidario, co obxectivo de paliar “as carencias máis inmediatas das familias máis necesitadas” do municipio. O seu obxectivo é implicar “as máximas persoas e autoridades” neste proxecto. Entenden que é necesario “crear conciencia” sobre todo o “desagravio social” que sofren estas familias. Afirman que “cun pouco de esforzo e organización” pódese evitar a exclusión social destes veciños. Como necesidades máis urxentes céntranse nun almacén de roupa e outro de materiais de reciclaxe para a construción e mantemento de vivendas. Propoñen tamén a creación dun banco de alimentos solidario. Para poñer o proxecto en marcha demandan a creación dunha rede de voluntariado, un local para a recollida, selección e almacenaxe do material e equipos informáticos para ter unha base de dato. Este almacén solidario tería un horario de atención e repartición “axeitados ao voluntariado e á conciliación familiar”. Afirman que a mellor forma de dar atención a estas familias é a través do voluntariado, non só por que xere “un aforro ás arcas públicas”, senón que tamén por que crearía “unha maior implicación da sociedade no seu conxunto” e serviría para concienciar aos veciños en materia de axuda social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará