Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local asegura que a praia de Cesantes supera os estándares de seguridade esixidos

RR_Noticias

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, asegura que as praias de Redondela “superan os estándares de seguridade esixidos” motivo polo que, por segundo ano consecutivo, “contamos coa segunda Bandeira Azul da nosa historia”. O edil sae así ao paso das declaracións realizadas polo PSOE nas que denunciaba “a falta de medios” dos socorristas redondeláns.

Miguel Ángel Álvarez, logo de afirmar que os socialistas redondeláns teñen “unha evidente falta de miras”, informou que hai tan só dez días que as praias pasaron “sen ningún problema o control do organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis” e considera que as criticas do PSOE neste sentido “non son máis que buscar, de novo, as pequeneces e deixando de mencionar os grandes logros”. Entre estes logros o Concello destaca que a praia conta agora con novos servizos como “un sistema de megafonía, pulseiras anti perda para os máis pequenos, medidas de accesibilidade para que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar da praia, e aumentou o número de cadeiras para que as persoas con minusvalía poidan bañarse”. A alcaldesa en funcións, Carmen Amoedo, salientou tamén que Redondela é o Concello “que máis socorristas ten e durante máis tempo”. Entende o Concello de Redondela, que o material que teñen os socorristas “é suficiente e se complementará co que sexa preciso”, ao tempo que asegura que co material que teñen “poden desenvolver perfectamente o seu labor de vixiar e garantir a seguridade dos bañistas”. O edil redondelá pídelle ao PSOE, “que deixe de facer publicidade negativa de Redondela” porque transmite aos visitantes “unha falsa sensación de inseguridade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará