Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro con teatro e xogos dará a coñecer aos nenos a importancia dos produtos do mar

RR_Noticias

O programa “O sabor da aventura está no mar” chega a Redondela. Trátase dunha iniciativa da Consellería do Medio Rural e do Mar que se centra en transmitir a importancia dos produtos do mar na dieta dos máis pequenos e fomentar o seu consumo. O teatro e os xogos serán as ferramentas para conseguilo. A cita é o 2 de setembro.

Ademais os participantes afondarán no coñecemento das especies mariñas e o papel dos consumidores á hora de preservar os recursos do mar. As actividades a realizar van ligadas co programa “Aliméntate ben”, do Plan Proxecta que coordina a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A campaña consta de un obradoiro, de carácter gratuíto, de aproximadamente unha hora de duración. O obradoiro consta dunha representación teatral e actividades lúdicas para os máis pequenos, re recibirán tamén agasallos e diplomas. Os nenos interesados en participar poden inscribirse a partir de hoxe, 6 de Agosto, no teléfono 986.401.561 en horario de 09:00 a 14:00 horas, ata o 1 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará