Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de veciños reclama que se permita a asistencia de público aos consellos parroquiais

RR_Noticias

Solicitan ao goberno local que es proceda a revisar a normativa que actualmente regula o funcionamento dos Consellos parroquiais, xa que ao seu entender a día de hoxe carecen de garantías democráticas. Lembran que hai un ano o pleno do concello aprobou a revisión e modificación destes consellos participativos sen que ata o de agora se tiveran dado pasos neses sentido.

A Federación de Asociacións de Veciños denuncia que o goberno local fomenta a exclusión dos veciños destes órganos. Entenden que o impedimento para que acuda público ás súas reunións é unha mostra máis das eivas que veñen detectado nos Consellos Parroquiais “froito do descoñecemento, da inconsciencia de partidos políticos e o interese do Goberno Municipal por entorpecer a participación dos veciños”.
Insisten na necesidade de proceder a modificar o regulamento destes órganos participativos tal e como así se aprobara en pleno no mes de febreiro do pasado ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará