Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Amoedo: “O Campito é mellor equipo que na primeira volta e plantaremos cara no derbi”

RR_Noticias

O fútbol sala redondelán está de parabéns, este sábado dispútase no Pabillón Municipal un interesante derbi da Liga Galega, que enfronta aos homes de Julio Mougán cos pupilos de Fran Amoedo. O técnico dos de Chapela é consciente da superioridade do Redondela F.S., que parte como favorito, pero asegura que “darán a batalla”.

O Campito, que se estreou esta temporada na categoría Autonómica Sur medrou moito desde o comezo de liga. Amoedo amósase satisfeito co rendemento do equipo, “que se adaptou rápido á competición”, e está orgulloso dos resultados. Afirma que agora son “mellor equipo” que cando comezou a temporada. O principal para o técnico é que o equipo “ten o seu xogo moi definido”, e sempre van “a polo partido”, independentemente do rival que teñan en fronte. Ocupan a 11ª praza da táboa, aínda que cun partido menos. Están moi lonxe da 3ª posición que ocupa o equipo de Mougán, ao que considera “o mellor adestrador do campionato”. Con todo, e malia que os anfitrións parten como claros favoritos, Amoedo asegura que acoden ao partido sen complexos. Lembra que xa na primeira volta, cando perderon por 2-4, “plantaron cara” ao rival, e o sábado farán o mesmo. Saben que o Redondela F.S. é un equipo que “sofre cando non ten o balón”, e tentarán aproveitar esa circunstancia. Para a cita na bomboneira, que será o sábado ás 16.15 horas, o técnico contará con case todos os seus xogadores, xa que a única baixa é a do capitán Varo.  

Fran Amoedo adestrador
O equipo consolidouse e ten un estido de xogo definido.
Segunda volta
Nesta segunda parte da liga o equipo medrou adaptouse ben á categoría e mellorou.
Redondela F.S.-Campito F.S.
Amoedo sabe que os de Mougán son claros favoritos pero sairán a pelexar o partido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará