Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AGE esixe “información e datas concretas” para o traslado do CEIP Igrexa

RR_Noticias

As obras de ampliación da AP-9 que afectan ao centro xa foron adxudicadas, e desde Fomento anunciaron que comezarán de xeito “inminente”. A dirección do colexio conta co compromiso do Concello de que seguirá en funcionamento “ata que se constrúa un novo”, pero AGE demanda no Parlamento “información concreta e prazos” sobre o proxecto.

As empresas Dragados e o grupo Pontes e Calzadas, adxudicatarias das obras de ampliación da AP-9, poderían comezar os traballos neste mes de xaneiro, segundo a ministra Ana Pastor. O prazo de execución é de 23 meses para rematar os traballos, que afectarán de cheo á parroquia de Chapela. Propiedades privadas e tamén públicas veranse afectadas por estes traballos, entre elas o CEIP Igrexa, que conta actualmente con máis de 120 alumnos. A Consellería de Educación confirmou que o colexio será substituído por un novo centro nun solar próximo ao existente. Nunha recente visita ao centro, o alcalde Javier Bas aseguroulles tanto á dirección do colexio como á ANPA que o CEIP Igrexa seguirá en funcionamento “ata que non se constrúa o novo”, segundo explicou a directora, Herminia Bote. Segundo a responsable do centro a posibilidade de reubicar aos alumnos noutros colexios da zona, como os de Laredo ou Angorén “está paralizado”. A falta de información sobre o proxecto para o novo colexio levou a AGE a solicitar información no Parlamento Galego. O deputado Ramón Vázquez argumenta que o inicio das obras de ampliación é “inminente”, e sobre o novo centro “non se sabe nada”. A información oficial é que seguen as negociacións con Audasa para facerse cos terreos denominados “polígono de autopistas”, onde se construirá o novo centro educativo. Vázquez sinala que se esgota o tempo, polo que demandan da Xunta “prazos concretos”. O coordinador local de EU, Roberto Villar, teme que os alumnos sexan trasladados a outros centros da zona onde existen prazas vacantes. Por iso demanda unha “resposta clara” da administración local e autonómica. Advirte que Audasa terá que pagar unha indemnización pola ocupación dos terreos do CEIP Igrexa, e que eses cartos deben servir para construír un novo colexio e dotar de servizos á parroquia de Chapela, que é a gran prexudicada pola AP-P.

Ramón Vázquez deputado de AGE
AGE esixe á Xunta información sobre o proxeco e datas concretas para a construcción do novo centro educativo.
Roberto Villar coordinador de EU Redondela
O tempo para mercar os terreos e facer o novo tempo esgótase e EU teme que os alumnos sexan trasladados a outros centros da parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará