Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de mellora da depuradora comezarán a principios de ano

RR_Noticias

O contrato por valor de 170.000 euros foi adxudicado á empresa Macraut Enxeñeiros SL. As tarefas que se van realizar e cuxo prazo de execución é de 6 meses pretenden tratar os olores ou reducir a emisión destes nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR coa colocación dunha pantalla vexetal. A Xunta aporta o 100 por cento do investimento necesario para a execución da obra.

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, avanzou este mañá que as obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Redondela comezarán a principios do vindeiro ano, tras adxudicar esta actuación por un importe de máis de 171.000 euros. Gonzalo Mosqueira visitou esta mañá as instalacións da depuradora xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, o tenente alcalde de Redondela, Miguel Ángel Álvarez, e a concelleira de Limpeza Viaria e Parques, María José Barciela Ramos, aos que lles confirmou que este contrato foi adxudicado á empresa Macraut Enxeñeiros SL.
As tarefas, cuxo prazo de execución é de 6 meses, que se van realizar pretenden tratar os olores ou reducir a emisión destes nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR.
En base a esta actuación, que se executa no marco dun acordo de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Redondela, realizarase a instalación dun sistema de desodorización, posto que un dos obxectivos do proxecto é reducir a contaminación por olor, así, unha vez localizados os focos máis importantes de contaminación olfativa da EDAR, situados no edificio de deshidratación e no espesador de lodos, ademais de no pozo de grosos, proponse a instalación de sistemas de desodorización, instalarase unha cubeta no espesador de lodos para poder confinar e eliminar o olor xerado nesta instalación.
Tamén, se procederá á adaptación dos sistemas de control da planta, incorporando as sinais dos novos equipos e da rexa de grosos ao centro de control da Estación Depuradora de Augas Residuais. Finalmente, farase unha instalación dun peche vexetal perimetral en toda a EDAR, coa súa correspondente rede de rego.
As accións a levar a cabo supoñen un investimento de case 200.000 euros, aboados pola Xunta de Galicia coa cofinanciación de fondos europeos FEDER.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará