Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sala Ourense malla ao Redondela

RR_Noticias

Fin de semana para esquecer no fútbol sala local. Redondela FS, Campito en autonómica sur e Arealonga, equipo que milita na autonómica norte, non foron quen de vencer aos seus rivais. O peor dos resultados foi para o Redondela FS que caía ante o ProlSport por un contundente 10-2.

Avultada vitoria para o Sala Ourense ProlSport, que vencía por 10-2 a un Redondela que segue mermado polas baixas e que se desprazaba á cidade das Burgas sen Manoliño, Buján nin Tizón. O ProlSport continúa así invicto na categoría e aspirando a ser un dos equipos que nesta tempada se faga cunha praza nunha categoría superior. Os de Julio Mougán logo desta derrota son cuartos e reciben na vindeira semana na bomboneira ao sétimo da categoría o Vigo Futbol Sala.
Tamén en autonómica sur o Campito perdía o seu enfrontamento co Quinta de Tui. Partido disputado no pavillón de Chapela que remataba co resultado de 1-4 a favor dos visitantes. Os de chapela son décimo primeiros e xogan na vindeira semana no campo do Verin Futsal.
Mesma sorte corría o Arealonga, equipo que milita na autonómica norte e que perdía no campo do Jagofán por 6 goles a 4. os de Chapela afúndense na clasificación, son terceiros pola cola e na vindeira semana reciben ao RiazonsFS
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará