Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores de Urbaser convocan unha concentración na Praza da Farola

RR_Noticias

Os operarios da empresa Urbaser de Redondela, Marín e Soutomaior teñen previsto concentrarse o vindeiro luns ás 13:30 horas na praza de Ribadavia (praza da Farola) en solidariedade cos compañeiros de Lugo despedidos e sancionados pola empresa dentro do conflicto laboral que se está a vivir na cidade de Muralla.

Unha folga que dura xa 18 días e que nas últimas horas endureceuse logo de que a empresa despediran a 12 traballadores e expedientara a outros 66 alegando que non están a cumprir cos servizos mínimos. Ante esta situación, os operarios de Urbaser doutras localidades decidiron convocar unha protesta conxunta que se vai desenvolver no noso concello o vindeiro luns. O representante sindical en Redondela Alberto Covelo anima aos veciños e colectivos a participar e apoiar así as reivindicacións dos traballadores de Lugo”. Explica tamén que a concentración manterase independentemente de como evolucione o conflicto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará