Hoxe é Venres 13 de Xuño de 2025

O Concello convoca 12 prazas de peóns e dúas de capataces para a limpeza das praias

RR_Noticias

O prazo de presentación de solicitudes para poder optar a esta oferta laboral estará aberto dende hoxe martes 22 de abril ata o venres 2 de maio. As persoas interesadas deberán presentar as instancias no rexistro xeral do concello.

O Concello de Redondela abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes para cubrir un total de 14 prazas -12 de peóns e dúas de capataz- para a prestación do servizo de limpeza nas praias do concello durante o periodo estival. Segundo se recolle nas bases- que se poden consultar na páxina web do Concello- as persoas contratadas desenvolverán esta tarefa con carácter temporal durante os meses de maio a outubro do presente ano con xornada reducida, en horario variable e segundo as necesidades do concello.
O proceso de selección está encamiñado a contratar a dous capataces por un período de catro meses e medio, 20 horas semanais de luns a domingo e cunhas retribucións brutas mensuais de 840 euros.
Seleccionaranse ademais un total de doce peóns, seis dos cales deberán acreditar estar en posesión do carné de conducir, que desenvolverán tamén tarefas de limpeza en horario variable de luns a domingo cunhas retribucións brutas mensuais de 707 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: