Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Fútbol Sala sofre unha derrota na súa visita a Tui

RR_Noticias

Malia o bo inicio do partido para os redondeláns, que foron os encargados de inaugurar o marcador aos tres minutos de iniciarse o encontro, foron os tudenses os que dominaron na cancha. Un partido que rematou co resultado de 3-1 a favor da Quinta da Carballeira. O vindeiro sábado xogan na bomboneira, reciben ao Verin Futsal equipo situado na quinta praza da categoría.

 
Segundo explica o adestrador Julio Mougán “o bo inicio do encontro por parte redondelán co gol de Tizón sería un espellismo xa que en Tui só houbo un equipo e ese foi A Quinta A Carballeira que con todo merecemento quedou cos tres puntos en xogo”.
Os de Tui foron mellores en todo, dende a intensidade, na efectividade cara a porta e incluso no plantexamento do encontro, onde tacticamente tamén amosaron gañar ós puntos.
O equipo continúa na terceira praza da táboa, aínda que xa moi lonxe do primeiro e segundo clasificado o Vigo e o Lavadores, que lle sacan once e nove puntos respectivamente. Na vindeira semana xogan na bomboneira, reciben ao Verin Futsal situados na quinta praza da categoría
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará