Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela logra o empate ante o Bordils

RR_Noticias

Un encontro disputado na casa e cun bo inicio para os locais que sen embargo non lograron parar aos seus rivais. O encontro rematou cun empate a 25 goles. Peor lle foron as cousas á SAR equipo que perdía nun encontro disputado na bomboneira. 21-36 foi o resultado do aprtido que enfrontou ao equipo de Redondela co Cinco jotas.

A emoción mantívose ata o remate do partido cun empate no marcador que ningún dos dous equipos foi quen de desfacer. De feito, a falta de dous minutos o Bordils gañaba de dous tantos e canto pensaba que todo estaba decidido un gol de Chema Cid e outro de Oscar Silva a falta de tan só catro segundos deixaron o encontro no empate definitivo.
Dende a antepenúltima praza da categoría, os de Chapela desprázanse na vindeira semana desprázanse ao campo doutro conxunto moi necesitado de puntos, o Palma del Río. Partido de máxima rivalidade que os van enfrontar cos penúltimos da clasificación
En 1ª nacional Masculina mal partido para a SAR que permitiu ao Cinco Jotas Lavadores vencer con contundencia en Redondela. Os locais caían por 21- goles a 36, derrota que malia todo aínda lles permite manterse na zona tranquila da táboa, son noveno e dende esa posición desprazaranse na vindeira semana ao campo do Cisne, sextos da categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará