Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non logra superar a barreira dos 30.000 habitantes

RR_Noticias

Lonxe de incrementar o número de habitantes, o último censo que ven de publicar o Instituto nacional de Estatística con data de referencia 1 de xaneiro de 2013, confirma unha caída no número de veciños, que se sitúa en 29.918, dezasete menos que un ano antes. Os datos constatan que a caída no número de habitantes afecta a toda Galicia e a un gran número de concellos da provincia.

Soutomaior é un dos vinte concello galegos que constatan un incremento no número de veciño, con 38 veciños máis que o ano anterior. En total son 7.302 os que están censados nesta localidade, mentres que tanto Fornelos como Pazos de Borbén volven perder veciños. No primeiro caso contabilízanse 50 habitantes menos cun censo total de 1.864. En Pazos hai tan só 3.110 veciños censados, 60 menos que un ano antes.
O caso de Redondela é emblemático porque dende hai anos está na barreira dos 30.000 habitantes, malia todo agora sitúase un pouco máis lonxe desa cifra ao perder no último ano 17 veciños e situarse nos 29.918.
Nas Rías Baixas o descenso é xeralizado, con Vigo a cabeza que perde 860 habitantes e se sitúa en 296.479. A excepción máis salientable atopámola no concello de o Porriño que sumou 365  censados no último ano.   
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará