Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A peaxe entre Rande e Vigo increméntase un 5,8%

RR_Noticias

Os usuarios do tramo de autoestrada que comunica Redondela e Vigo viron incrementar o prezo da peaxe en 5 céntimos co inicio do ano. O prezo pasou de 85 a 90 céntimos o que supón unha suba dun 5,88%, incremento que se sitúa moi lonxe do 1,85% que de xeito global sufriu a peaxe na AP-9.

A peaxe na autoestrada AP-9 entre Ferrol e Tui subiu co inicio do ano un 1,85%. Sen embargo esta porcentaxe global esconde grandes diferencias xa que mentres nalgúns tramos o prezo non ten experimentado variación algunha co cambio do ano, noutros tramos a suba achégase ao 6%. Ese é o caso do tramo entre Redondela e Vigo, xa que se incrementou en cinco céntimos. Coller a autoestrada en Rande dirección Vigo supón ao usuario pagar 90 céntimos, fronte aos 85 de hai tan só uns días.
Unha suba que podería incrementar a tendencia xa experimentada nos últimos anos e que leva a que moitos automobilistas deixen de empregar as autoestradas e se dirixan cara a estradas convencionais para así aforrar estas taxas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará